Seleccionar página

PREMIOS

PREMIOS DOROTEA BÁRCENA

Os PREMIOS DOROTEA BÁRCENA son sen dúbida un dos principais valedores do prestixio do Festival do Teatro Galego. Cada ano, avalían o compoñente artístico, premia a calidade e promove a difusión cultural e o atractivo de produto presentado.

Denominados desde 2017 “PREMIOS FETEGA DOROTEA BÁRCENA”, o festival leva recoñecendo a labor dos artistas profesionais desde o 2006.
Este ano voltarán a presentarse coSon dezaseis anos avaliando a programación oficial e ás compañías e artistas do festival á procura de:

• MELLOR ESPECTÁCULO (escollido polo público)
• PREMIO DE HONRA (á traxectoria, outorgado pola organización)

É moi importante destacar a calidade artística da figura escultórica que adorna fisicamente a concesión do premio DOROTEA BÁRCENA.

o pequeño poni

ESCULTURA CREADA POR OCTAVIO CERVIÑO

Trátase dunha escultura de cerámica esmaltada ao lume sobre ferro, obra do artista e escultor vigués Octavio Cerviño. Máis de 30 anos creando esculturas de cerámica sobre ferro con esmalte ao lume. A figura que se entrega como premio de honra é unha peza deseñada polo artesán do esmalte Octavio Cerviño, que traballa a difícil técnica do esmalte vidrado. O artista traballa tamén para recoñecidas institucións e entidades que outorgan diferentes premios.