Programa FETEGA 2022
INVERSA TEATRO
O PÉNDULO
06 de setembro · 20:00 h · Auditorio Municipal
Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar do 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia.
DIEGO ANIDO
O DEUS DO POP
07 de setembro · 20:00 h · Auditorio Municipal
Diego Anido presenta unha autobiografía de carácter fantástico a medio camiño entre a súa vida na Galicia dos 80 e a dunha estrela do pop americana. Desde a tenrura e o humor absurdo reflexiona sobre como cada persoa creamos un relato para conformar a nosa identidade coas nosas vivencias pasadas e desexos futuros.
XERPO
RAPSOFÁ
08 de setembro · 20:00 h · Auditorio Municipal
Peza teatral que nos fala de futuro dende diferentes ópticas. É unha peza para un só intérprete e un sofá, onde a través da súa relación asistimos ao decorrer da vida, unhas veces chea de alegría e outras sombría e irónica.
COU.MEDIA – ANTÓN COUCHEIRO
HOME
09 de setembro · 20:00 h · Auditorio Municipal
HOME trata un tema delicado desmontando o propio xénero da comedia, cunha posta en escena sinxela, que vai do stand-up ao clown, da parodia ao absurdo, da risa ao drama. Antón Coucheiro encarna a unha serie de personaxes inmaduros, reaccionarios e confusos, ata compoñer unha galería de actitudes micro e macro machistas.
PRODUCIÓNS DISPERSAS
MENTRES DURE A CANCIÓN
09 de setembro · 22:30 h · Auditorio Municipal
En Producións Dispersas cremos que a risa é a mellor das armas posible para botar abaixo calquera muro. Nós conformámonos con derrubar a cuarta parede. Este é un espectáculo doméstico pero universal. Un musical ambicioso pero próximo. Diego Freire pensa que debemos cantar e bailar para ser un pouquiño máis felices… polo menos mentres dure a canción.