Seleccionar página

Programa FETEGA 2023

FESTIVAL DO TEATRO GALEGO “CELSO PARADA” DO CARBALLIÑO

2023

BARAFUNDA TEATRO

ANTÓN, UN NENO DIFERENTE

13 de decembro · 11:30 h · Auditorio Municipal

Este espectáculo de teatro multidisciplinar de actores e títeres en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocas grandes, obxectos) destaca a tradición oral de Galicia a través dalgunhas personaxes mitolóxicas. A música, feita para a montaxe, é parte esencial para o desenvolvemento da historia.

ANTON pretende, entre outras cousas, a través dunha historia fantástica, destacando valores como TOLERANCIA, RESPETO POLA DIVERSIDADE, OS EFECTOS DO ACOSO pero sobre todo, A TOLERANCIA, afrontar obstáculos e acadar os obxectivos que nos propoñemos.

Trátase dun espectáculo dirixido ao público infantil e familiar. É unha montaxe feita en coprodución entre A NACENTE Compañía de teatro e títeres Luart e a recoñecida compañía DE Animación infantil Barafunda S.L, cunha banda sonora producida por Héctor Rodríguez.

O péndulo
o pequeño poni

REDRUM TEATRO

O PEQUENO PONI

14 de decembro · 20:30 h · Auditorio Municipal

Luismi é un neno de dez anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, ‘O meu pequeno poni’. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros. Esta é unha obra sobre o acoso escolar, esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos.

Esta obra está inspirada nos feitos reais que tiveron lugar en Estados Unidos durante o ano 2014.

O neno protagonista de ‘O pequeno poni’ non é produto da ficción construída por Paco Bezerra. Luismi é un neno de carne e óso. Existe e ten, desgraciadamente, moitísimos nomes. En Carolina do Norte, no ano 2014, o pequeno Grayson Bruce de nove anos, non puido entrar na súa escola despois de sufrir ataques físicos e verbais por parte dos seus compañeiros por levar unha mochila da serie de televisión “My little Pony”.

Sen pretendelo, a serie ‘My little Pony’ converteuse nun dos maiores símbolos da loita contra o acoso escolar a nivel mundial.

TEATRO DO NOROESTE

AS DAMAS DE FERROL

15 de decembro · 20:30 h · Auditorio Municipal

Dúas mulleres incapacitadas… Pero non incapaces. Dúas mulleres que crían inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e acusadas de non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e crían merecer, polo menos nalgún momento da súa vida. A frustración e a culpa teñen como resultados directos a violencia e a rabia, unha desesperación que perturba o xuízo e o sentido da realidade e, polo tanto, a construción dun universo ou realidade con regras propias que se converte en inferno. Pero, si, nun inferno coñecido. E como marco infinito, tanto físico como mental, real e espiritual, sitúase Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que exterior, que todo colorea coa súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente..

as mulleres de ferrol
TESTOSTERONA

MALASOMBRA

TESTOSTERONA

16 de decembro · 20:30 h · Auditorio Municipal

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu cargo en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é unha muller, o outro un home. Que influirá nesa decisión?: a capacidade? o sexo? a experiencia? a audacia? o engano? a trampa?

Poderiamos dicir que a TESTOSTERONA é unha comedia, máis aínda, sendo posiblemente certo, que de pouco nos serviría a etiquetaxe, xa que só se referiría ao envase e o motivo da elección deste texto non está na forma, senón nos contidos que compoñen a peza.

TESTOSTERONA fala da desigualdade laboral; un home e unha muller solicitan un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación nacional; Cal dos dous será elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan ofrécenos unha profunda reflexión sobre a desigualdade laboral por razón de xénero, e faino de tal xeito que nos sorprenderá cun sorriso nos beizos vendo as aventuras destes personaxes.